Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar, recoger datos estadísticos y mostrarle publicidad relevante. Si continúa navegando, está aceptando su uso. Puede obtener más información o cambiar la configuración en política de cookies.

Disfruta de la app de Onda Cero en tu móvil.

Temas

Kalandraka

  • Xosé Ballesteros.

    Onda Cero Pontevedra

    Pontevedra en la Onda (24-07-2017)

    A actualidade do día, as opinións da rúa e os eventos do Casino La Toja centran a atención da primeira parte do programa. A música do ciclo Son & Sal (www.pacolola.com) e as novidades da editorial pontevedresa Kalandraka son as protagonistas do segundo tramo antes de abrir o habitual espazo de motor dos luns e unha nova edición de "Cántamo... en galego!"

  • Xosé Ballesteros.

    Onda Cero Galicia

    Gente Viajera de Galicia (19-05-2017)

    Nesta semana das "Letras Galegas" propoñemos unha viaxe polo mundo seguindo as pegadas dos libros e do traballo dunha editorial galega internacional como Kalandraka: Xosé Ballesteros, director e co-fundador, é o noso convidado no tempo da entrevista. Visítanos a directora da nova revista PINCHA, Rebeca Munín, para organizar unha escapada a Santiago de Compostela. Abrimos axenda coa proxección do filme "Sicixia" de Ignacio Vilar en Ponteareas e visitamos A ESTRADA para degustar o mellor salmón na nosa viaxe express de cada venres.

  • Susana Pedreira en Gente Viajera de Galicia co director de Culturgal, Xosé Manuel Aldea

    Onda Cero Galicia-Programa especial desde Culturgal

    Gente Viajera de Galicia (02-12-2016) Especial Culturgal dende Pontevedra

    Este venres saímos dos estudio e visitamos o recinto Feiral de Pontevedra onde se celebra o CULTURGAL 2016.Esta ano é a novena edición da Feira das Industrias Culturais de Galicia e entre música, libros,cine, teatro e arte viaxamos por toda Galicia.Conversamos co director da feira, Xose Manuel Aldea e co encargado do Restaurante Fogar de Santiso.Coñecemos de primeira man a cultura patrimonial da provincia de Pontevedra co deputado Xosé Leal e Anxos Riveiro, concelleira de Pontevedra profundiza na cultura do concello. A editorial galega de ámbito internacional Kalandraka preséntanos as súas novidades e rematamos con Francisco Gonzalez, presidente do Cluster Turismo de Galicia.